Tomiño, cara a cara co absurdo con Ibuprofeno Teatro
O auditorio de Goián volve acoller este sábado 9 de novembro teatro para público adulto ás 21.00 h coa representación de ‘Deadpan Karaoke’.
Entradas á venda unha hora antes do espectáculo
Infogauda / Tomiño
Entreter e facer rir ao público con cuestións e dilemas que ocupan ás e aos grandes pensadores contemporáneos. Ese é o obxectivo de ‘Deadpan Karaoke’, o espectáculo co que Ibuprofeno Teatro chegará este sábado 9 de novembro, ás 21.00 horas, ao auditorio municipal de Goián ao abeiro do ciclo para persoas adultas posto en marcha polo Concello para achegar o teatro e o lecer de forma asequible a toda a veciñanza.
Ibuprofeno Teatro vai chegar a Tomiño cun espectáculo unipersonal de carácter participativo co absurdo, a estupidez, a sorpresa, a comedia, a música e o cine como ingredientes principais. Unha obra dirixida por Patricia Rodríguez e con Marián Bañobre sobre o escenario cun personaxe incapaz de sentir e expresar emoción que coas súas accións e grazas á contextualización consegue facer accesibles e divertidas cuestións como vitais da sociedade actual.
As entradas para acudir ao espectáculo terán un prezo de 5 euros por persoa. As persoas interesadas poderán mercar as súas entradas de forma presencial no despacho de billetes do propio auditorio municipal de Goián dende unha hora antes do inicio da obra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario