14 de nov. de 2024

OIA

O Concello de Oia reparte 13 novos composteiros entre a veciñanza e comeza as visitas de seguimento   


A alcaldesa de Oia, no Centro Cultural de Pedornes, informando á veciñanza respecto a campaña municipal de compostaxe
Foto: C.O.

Infogauda / Oia 

 O Concello de Oia vén de levar a cabo un nova entrega de composteiros, iniciativa que se enmarca dentro da campaña municipal de compostaxe. Así, o pasado venres repartíronse 13 unidades a distintas familias interesadas en xestionar os seus residuos orgánicos de maneira sostible.  

 As persoas que se anotaron na iniciativa pero non puideron asistir ao evento, que tivo lugar o pasado venres no Centro Cultural de Pedornes, teñen a oportunidade de recoller o seu composteiro ao longo desta semana. Para elo deberán achegarse á Casa do Concello en horario de atención habitual.  

 Por outra banda, a semana pasada tamén se realizaron as primeiras accións de seguimento ás familias que xa están compostando. Estas visitas permitiron comprobar de primeira man a gran implicación da veciñanza de Oia, non só na reciclaxe dos residuos orgánicos senón tamén no coidado do medio ambiente en xeral. O Concello agradece este compromiso e anima a seguir traballando conxuntamente para reducir a pegada ecolóxica do municipio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario