Actos do Día Mundial en recordo das Victimas da Violencia Viaria
Jean Picard Mahaut* / Galicia
Este ano, unidos con todos os países do mundo como nos indica Nacións Unidas e en especial cos países amigos que conforman a Asociación Iberoamericana de Vítimas contra a violencia viaria. FICVI. Manifestámonos sinalando que Todas as vidas contan e é a nosa obrigación e a dos gobernos protexer a vida dos seus cidadáns. Tal e como consta na Declaración da Comisión de Seguridade viaria da Cámara de Deputados o 12 de novembro 2020, punto 23: Solicitamos ás Administracións que institucionalicen o terceiro domingo de novembro de cada ano como o Día Mundial en memoria das Vítimas de Tráfico, e que apoien as iniciativas das organizacións de vítimas de accidentes.
Actos que terán lugar na Coruña:
Xoves 14 de novembro
Lugar: CEIP Concepción Arenal
Hora: 10:00
Dirección: rúa Marqués de Amboage, 2 (A Coruña).
“SEMENTANDO VIDAS” en colaboración cos alumnos do CEIP Plurilingüe Concepción Arenal, plantaranse sementes da “vida” co alumnado de 6º de primaria, como homenaxe á importancia de coidar a vida.
Realízarase un minuto de silencio.
Sanxenxo (Pontevedra)
“SEMENTANDO VIDAS” en colaboración cos alumnos do CEIP Plurilingüe A Florida, plantarase unha árbore que representará a “árbore da vida”. Realizarase un minuto de silencio
Domingo 17 de novembro
Vigo
· 11h30 Marcha ciclista e marcha moteira polas rúas de Vigo. (Se o tempo permíteo).
· 12h Ofrenda floral no Monumento ás Vítimas da violencia viaria no Balcón de Aragón. Lectura do Manifesto e minuto de silencio en presenza das autoridades
Cangas do Morrazo
· 13h30 no Paseo da Rodeira, fronte á Casa da Cultura, no Monumento ás Vítimas da violencia viaria:
· Lectura manifesto STOP Accidentes.
· Ofrenda floral e minuto de silencio.
* Secretaria e delegada en Galicia de STOP Accidentes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario