O Concello de A Guarda entregará os Premios de Educación 2023/24
O venres día 22 de novembro, ás 19:00 horas, para o alumnado de Educación Primaria e Secundaria, no Salón de Plenos, do Concello da Guarda
Infogauda / A Guarda
A listaxe do alumnado premiado este ano cos Premios de Educación 2023/24 xa está dispoñible.
O primeiro dos actos - para o alumnado de Educación Primaria e Secundaria - terá lugar o venres 22 de novembro ás 19:00 horas, no Salón de Plenos do Concello de A Guarda.
Será un evento público ao que está convidada toda a cidadanía, e dese xeito poñer en valor o esforzo e talento da mocidade da nosa vila no ámbito educativo e académico.
A segunda das entregas dos diplomas aos alumnos de Bacharelato e Ciclos Formativos Medios e Superiores, está pendente de data. O máis seguro é que sexa durante o Nadal, como na pasada convocatoria, ao atoparse estes alumnos na vila guardesa desfrutando as súas vacacións, e non estar, con seguridade, a maioría deles na primeira data.
Ningún comentario:
Publicar un comentario