14 de out. de 2024

VIGO

Asemblea sobre a negociación do convenio da sanidade privada da provincia de Pontevedra 

  Este martes 15 no salón de actos do local da CIG de Vigo ás 17:00 horas 




Infogauda / Vigo

 A CIG-Saúde convoca unha asemblea informativa para abordar o estado da negociación do convenio colectivo da sanidade privada da provincia de Pontevedra. O encontro, no que poden participar persoas afiliadas e simpatizantes da CIG, terá lugar este martes 15 de novembro no salón de actos do local do sindicato en Vigo ás 17:00 horas. 

 Segundo explican dende a central sindical, tras anos sen renovar o actual convenio (vencido o 31 de decembro do 2019 e prorrogado co acordo dunhas táboas salariais asinadas por UGT e CCOO) a día de hoxe a patronal négase a negociar un axuste da xornada laboral e unhas táboas salariais reais que garantan o poder adquisitivo, así como a incorporar complementos como o pago dos domingos e festivos traballados ou a permitir que as clínicas dentais poidan cobrar o plus de toxicidade. 

 “Esta estratexia de feitos consumados coa que a a patronal vai gañando tempo e aforrando cartos mentres as persoas traballadoras acumulan perda de poder adquisitivo fixo que na xuntanza do pasado venres 4 de outubro todos os sindicatos presentes lle deramos un ultimato”, sinalan de dende a CIG-Saúde.

Ningún comentario:

Publicar un comentario