A San Silvestre Tudense, a favor da Asociación Española Contra o Cancro, volverá a realizarse o 31 de decembro
• Hoxe reuníronse na casa do Concello as entidades implicadas, co fin de empezar a traballar na organización do evento
Infogauda / Tui
Na mañá deste xoves, 17 de outubro, realizouse a primeira reunión de organización da San Silvestre Tudense 2024, proba solidaria e non competitiva que se celebrará o martes 31 de decembro, que volverá a ter un carácter solidario a favor da Asociación Española Contra o Cancro (AECC).
O concelleiro de deportes de Tui, Rafael Estévez; a presidenta do Club Atletismo Tui, Cristina Piñeiro; a responsable do Baixo Miño da Asociación Española Contra o Cancro, Pilar Barbosa; xunto a técnicos municipais, mantiveron unha reunión para pór en marcha a organización da carreira.
As inscricións realizaranse no mes de decembro, a través da páxina web do Club Atletismo Tui, sendo gratuíta e solidaria, facendo un donativo voluntario a AECC.
O evento volverá contar con avituallamento, chocolatada con rosca ao remate da proba, así como uvas para brindar polo fin de ano.
O concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, agarda que novamente esta proba deportiva, festiva e solidaria, volva contar cunha ampla participación ao igual que nas edicións anteriores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario