CONVOCATORIA CONCENTRACIÓNS FUNDACIÓNS SANITARIAS
O persoal das Fundacións Públicas de Investigación Sanitarias, Fundacións de Medicina Xenómica, volverá a mobilizarase o vindeiro mércores, día 16 de outubro, ás 11:00 horas
Infogauda / Compostela
O persoal das Fundacións Públicas de Investigación Sanitarias, Fundacións de Medicina Xenómica, volverá a mobilizarase o vindeiro mércores, día 16 de outubro, ás 11:00 horas.
As concentracións, convocadas baixo o lema “Esquecidas e Ignoradas. Polo inicio das Negociacións xa!” terán lugar, de forma simultáneas en:
- Vigo: HAC, entrada de consultas externas.
- Compostela: entrada principal do Hospital Clínico.
- A Coruña: Hospital Pacientes.
Segundo explica o representante da CIG-Saúde, Miguel Tizón, malia as mobilizacións simultáneas celebradas o pasado mércores día 2, na Coruña, Compostela e Vigo a día de hoxe seguen sen ter ningún tipo de resposta por parte da administración. “Nin sequera por parte dos Xerentes dos hospitais que son, á súa vez, os Presidentes dos Padroados, a pesar de terlles pedido formalmente unha xuntanza para trasladarlles as nosas inquedanzas”.
Tampouco o conselleiro, que saben que é coñecedor desta situación, porque fixo declaracións, tivo a ben recibir aos comités de empresa nin aos sindicatos. Por iso continuarán coas mobilizacións en demanda do inicio das negociacións para o novo convenio único que regule as condicións laborais deste colectivo, tal e como advirte Tizón, “sen descartar ningún tipo de acción”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario