A Policía Nacional e a Garda Civil ofrecerán unha charla informativa do “Plan Mayor Seguridad”
• Será o venres 25 de outubro, a partir das 11:00 horas, na Casa dos Alonso
Infogauda / A Guarda
Efectivos da Policía Nacional e da Garda Civil ofrecerán unha charla informativa do “Plan Mayor Seguridad”, dirixida especialmente ás persoas maiores. Será o venres 25 de outubro, a partir das 11:00 horas, na Casa dos Alonso.
O “Plan Mayor Seguridad” está orientado a ofrecer información para unha maior protección e seguridade tratando de chegar ao maior número de persoas posibles, sobre todo maiores. Este colectivo é un dos obxectivos máis habituais dos delitos, por iso, estas charlas tentan darlle información tanto de prevención como de denuncia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario