A Xunta de Galicia destaca o labor do dispositivo galego de loita contra os incendios forestais nun encontro transfronteirizo entre España e Portugal
Infogauda / Tui
O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, participou hoxe na apertura da segunda xornada do 1º Encontro Ibérico de Axentes Forestais e de Protección Civil, organizado pola Eurocidade Tui-Valença e o Sindicato Portugués de Axentes Forestais e de Protección Civil, no salón de actos da UNED en Tui. O director xeral resaltou o labor do dispositivo galego de loita contra os incendios forestais, referente tanto dentro de España como fóra do país.
Este encontro, que tivo unha primeira xornada levada a cabo onte en Valença, serviu para poñer en común o traballo en materia de loita contra os lumes a ambos lados da fronteira. Nesta liña, tamén se puxo en valor a estreita colaboración entre Galicia e Portugal para facer fronte a estas emerxencias, contando cun protocolo que permite actuar en ambos os dous territorios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario