31 de maio de 2024

DEPORTES

O Desafío Terras de Turonio volve ás rúas de Tomiño  

Centos de ciclistas participarán na proba de BTT e Gravel de longa distancia este sábado 1 de xuño 

  

A alcaldesa e concelleiras/os de Tomiño, con organizadores do Desafío Terras de Turonio, na presentación deste evento deportivo
Foto: C.T.


Infogauda / Tomiño  

 O Desafío Terras de Turonio volve esta fin de semana a Tomiño como a gran cita do ciclismo de montaña. A proba de BTT e Gravel de longa distancia, está organizada por Team Relay en colaboración co Concello de Tomiño e permitirá desfrutar este sábado 1 de xuño dunha carreira con centos de participantes chegados dende diferentes puntos de Galicia e Portugal.    

 Esta nova edición implementará unha nova modalidade, duas rutas e tres distancias para o goce das persoas amantes da bicicleta. Así ademais de poder competir de forma individual ou por parella, a competición dividirase nunha proba larga de BTT 1+1 de 95 quilómetros con saída ás 09.00 horas; nunha proba Gravel de 78 km con saída ás 09.30 horas; e unha proba curta BTT, de 62 quilómetros, con saída ás 10.00 horas.  

 Como en edicións anteriores, o punto neurálxico (de saída e meta) da organización, estará situado na Praza do Seixo, dende a cal as/os ciclistas deberán afrontar un trazado que percorrerá as serras do Argallo e da Groba e que porá a proba a resistencia de todas/os os participantes. Con Tomiño como punto de partida, a proba tamén visitará os concellos do Rosal, Oia, Baiona e Gondomar.  

 Na presentación da proba, o concelleiro de Deportes, Rubén García, sinalou que o Desafío Terras de Turonio “é unha proba única das súas características en Galicia. O éxito colleitado nas edicións anteriores ratifica o gusto das e dos deportistas por retos tan interesantes nunha paraxe incomparable e converte a esta proba nunha cita destacada no calendario a nivel rexional e nacional”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario