7 de out. de 2023

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

MARÍA JOSÉ BAZ, CON "MÚSICA E PALABRAS"

 A cantautora comezou onte súa colaboración nese evento cultural


 A cantautora María José Baz nun momento da súa actuación
Vista do público que onte asistiu a sesión de "Música e Palabras"


José Fernando Martínez Martínez / Camposancos

 Na tardiña de onte venres, a Comunidade de Montes de Camposancos inaugurou unha nova temporada de Música e Palabras. Como en ocasións anteriores, un grupo de amigos e amigas congregáronse no local social para compartir poemas e relatos, propios ou de outros autores, coa musica de fondo que, nesta ocasión, correu a cargo da guitarra de María José Baz. 

 Ao final, unha copa de viño e uns petiscos puxeron o broche final a este evento. 

 Sexan benvidas todas as oportunidades para a conversa amable e a amizade, sempre coa música e as palabras como pretexto. 

 Agradecemos a asistencia e convidamos á próxima entrega, o vindeiro mes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario