5 de out. de 2023

A GUARDA

O Concello de A Guarda acollerá a terceira sesión dos “Encontros en familia” 

• O vindeiro martes, 10 de outubro, de 19:30 a 21:00h, na Casa dos Alonso 

 


Infogauda / A Guarda

 O próximo martes día 10 de outubro continuará na Guarda Encontros en familia, coa terceira sesión “As condutas autolesivas – Prevención e intervención”. Nesta ocasión tratarasa a importancia de previr situacións de lesións, traballando a súa prevención e fixando pautas para intervir axeitadamente neste tipo de casos. 

 Esta proposta do Servizo de Educación e Apoio Familiar (SEAF) pretende crear un espazo de reunión para achegar á cidadanía temas actuais que inviten ao debate e a reflexión sobre o papel da familia na sociedade actual e ao mesmo tempo ofrecer un formato máis práctico con recomendacións e orientacións ás familias, profesionais da educación e coidadores.  

 O obxectivo destes encontros é fortalecer as súas capacidades e habilidades parentais e de crianza, ofrecendo pautas positivas para consolidar os vínculos familiares e garantir a protección integral das crianzas e adolescentes.    

 Na súa organización se tivo en conta as preocupacións e demandas das familias e profesionais do ámbito da educación e sanidade que traballan no concello de A Guarda. 

 En total son 7 encontros. O primeiro deles tivo lugar no mes de xuño e xunto coa presentación do ciclo abordáronse temas tan importantes como a saúde mental, hábitos saudables e o tempo de ocio e familiar. A duración de cada un será de 90 minutos e estarán dirixidos por Esteban Figueirido, psicólogo especializado en terapia familiar; e Beatriz Arroyo Moreno, traballadora social clínica, psicoterapeuta e tanatóloga.   

PROGRAMA  

OUTUBRO        

10.10.23 

• “As condutas autolesivas”. Falarase sobre prevención e intervención, abordando as condutas que supoñan un risco para a integridade da persoa entre elas o suicidio.    

24.10.23 

• “O bo uso da tecnoloxía”. Como controlar as últimas tecnoloxías e conseguir que elas non che controlen a ti.   

NOVEMBRO 

07.11.23 

• “Ruptura de parella”. Moitas perdas e algunhas ganancias.  

21.11.23  

• “O acoso escolar”. Detección, prevención e intervención familiar.      

DECEMBRO 

12.12.23 

 “A afectación do duelo ás relaciones familiares”. Ferramentas e comunicación para xestionar o duelo.  

 Todas as charlas realizaranse os martes na Casa dos Alonso (planta baixa do Concello) en horario de 19:30 a 21:00h. 

 A entrada é libre ata completar aforo. 

 Para máis información chamar aos teléfonos: 680 197 937 SEAF e 986 614 507 Servizos sociais. Enderezo electrónico: educadora@aguarda.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario