O PP designa aos deputados provinciais dos Partidos Xudiciais de Pontevedra, Tui e Ponteareas
No Partido Xudicial de Tui os deputados provinciais serán os alcaldes do Porriño e da Guarda, Alejandro Lorenzo e Roberto José Álvarez Carrero, que neste caso compartirá escano con Lara Meneses, de Tomiño
Infogauda / Pontevedra
O Partido Popular designou esta mañá aos deputados provinciais nos Partidos Xudiciais de Pontevedra, Tui e Ponteareas. No primeiro caso, os deputados serán o líder do PP na cidade, Rafa Domínguez; o alcalde de Cerdedo-Cotobade e actual voceiro do grupo provincial, Jorge Cubela; a alcaldesa de Marín, María Ramallo; e a voceira do PP en Cuntis, Isabel Couselo que, no seu caso, compartirá mandato co alcalde de Portas, Ricardo Martínez, que ocupará o escano os últimos dous anos.
No Partido Xudicial de Tui os deputados provinciais serán os alcaldes do Porriño e da Guarda, Alejandro Lorenzo e Roberto José Álvarez Carrero, que neste caso compartirá escano con Lara Meneses, de Tomiño, mentres que en Ponteareas o deputado tamén rotará, de xeito que os dous primeiros anos de mandato a deputada será Nava Castro, alcaldesa de Ponteareas, e os dous últimos, Pablo Castillo, alcalde de Covelo.
Con estas designacións, que fixeron ao longo desta mañá os concelleiros do Partido Popular nas súas respectivas xuntas electorais, o PP ten practicamente pechado o seu Goberno, á espera de que mañá se designen os tres deputados do Partido Xudicial de Vigo, que un recaerá en Marta Fernández-Tapias.
Segundo explica o presidente provincial e próximo presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, estase formando a un equipo cos mellores perfís para ofrecerlle aos pontevedreses o mellor goberno provincial posible. Un goberno que, como indicou hai uns días, centrarase en recuperar a súa eficacia para dar apoio e colaborar con todos os concellos da provincia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario