29 de nov. de 2022

TUI

 IX Camiñada solidaria 2022

 O domingo 18 de decembro 




«A solidaridade non é un acto de caridade, senón unha axuda mutua entre forzas que loitan polo mesmo obxectivo”   

Samora Machel  


Andatui / Tui

 O domingo 18 de decembro realizaremos a IX Camiñada Solidaria 2022 en favor de SOS Tomiño Baixo Miño. 

 Este ano a Camiñada Solidaria levarémola a cabo no monte Aloia, percorrendo a muralla ciclópea. A visita será guiada e comentada polo historiador tudense Rafael Sánchez Bargiela e o arqueólogo Juan José Perles Fontao, tamén tudense. Ambos falarannos dos datos históricos que se teñen ata o momento da muralla ciclópea, o maior asentamento fortificado de Galicia.  

 A visita comezarémola na capela de san Xiao, no monte Aloia, ás 10:00 horas.  

 Esta ruta/visita, de algo máis de tres quilómetros e unha duración aproximada de dúas horas, percorrerémola ao carón dos restos da antiga muralla ciclópea visitando tamén os miradoiros do Celta, o do Castelo, o do enxeñeiro Areses e o da Oliva, todos eles cunhas vistas panorámicas espectaculares.  

IMPORTANTE

 Para participar só é preciso aparecer no lugar e hora indicada cun quilo, ou máis, de alimentos non perecedoiros, alimentos que doaremos a SOS Tomiño Baixo Miño.     

 A continuación podedes descargar o seguinte artigo de Mario Fernández Pereiro, doutor en Arqueoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, titulado «O recinto fortificado do monte Aloia. Un xigante altomedieval esquecido».

Ningún comentario:

Publicar un comentario