13 de mar. de 2022

A GUARDA

 Proxecto Agentes AntiBulos 

Está coordinado pola asociación FOCO (A Guarda) en colaboración coa asociación xuvenil teatral ON& OFF (A Rioxa) e o Concello da Guarda




Gonzalo Martínez Ramiro* / A Guarda

 Dende febreiro ata novembro terá lugar o proxecto Axentes AntiBulos, financiado pola Unión Europea a través do programa Erasmus+. Este proxecto ten como obxectivo mellorar a capacidade de identificar e combater bulos e noticias falsas en liña en grupos de mozos/as. Este proxecto está coordinado pola asociación FOCO (A Guarda) en colaboración coa asociación xuvenil teatral ON& OFF (A Rioxa) e o Concello da Guarda.

 Para iso, 8 mozos/as da Guarda participarán nun encontro xuvenil en Ezcaray (A Rioxa) durante Semana Santa, e despois participarán nun obradoiro teatral semanal co obxectivo de preparar unha mostra teatral que se presentará nas rúas da Guarda durante a primeira semana de setembro xunto aos mozos/as rioxanos.

 Debido a que este proxecto está financiado pola Unión Europea, será totalmente gratis para a mocidade que participe, tanto os obradoiros teatrais como a viaxe á Rioxa.

Actividades

PRIMEIRO ENCONTRO XUVENIL: Semana Santa de 2022 en Ezcaray (A Rioxa) – 11/04/2022 ao 16/04/2022

OBRADOIRO TEATRAL SEMANAL: de abril do 2022 a xuño de 2022

SEGUNDO ENCONTRO XUVENIL: Setembro de 2022 no Concello da Guarda (Pontevedra).

Esta é a ligazón para inscribirse https://forms.gle/MKLtUqWJLghj99s67


Ningún comentario:

Publicar un comentario