6 de feb. de 2022

SALCIDOS (A GUARDA)

REGUEIRA ANCHA: UNHA PONTE DE MADEIRA "ESQUECIDA"

O seu estado actual non é o máis recomendable para o tránsito de camiñantes 




A ponte da Regheira Ancha, na Xunqueira de Salcidos, non amosa seu mellor aspecto, xa que precisa unha reparación 
Fotos: Santiago Baz Lomba

Infogauda / Salcidos (A Guarda)

 Desde fai tempo, moito tempo, a ponte de madeira ubicada no lugar coñecido como "A Regheira Ancha", na zoa da Xunqueira (Salcidos), no termo municipal de A Guarda (Pontevedra), non presenta o axeitado estado de conservación que todos quixeramos. É mais, camiñar por riba desa ponte, pode considerarse unha actividade de risco para á integridade física das persoas.

 Ademais do indicado no parágrafo precedente, a devandita ponte, ben merece que a Administración responsable dese enclave natural - visitado ao longo do ano por moitas persoas - de acordo cos propietarios dese lugar, adoitasen o acordo de reparar a ponte da Regheira Ancha, a poder ser antes de que aconteza un percance, porque de facelo despois, obviamente sería demasiado tarde.

 Como pódese apreciar nas fotografías que incluímos nesta crónica, a ponte conta coa "compaña" de catro valos metálicos, estando dous dos mesmos situados en cada un dos extremos do paso de madeira. E hai tamén, un quinto valo, sumerxido na mesma Regheira Ancha. 

 A situación, como decimos non é nova. Leva moito tempo así, pero as veces, semella ser necesario ter que decilo publicamente, para que ás persoas que ostentan responsabilidades públicas e contan con medios para iso, adoiten poñer en marcha os recursos humanos e materiais para correxir a situación que comentamos. Sobor de todo para que á lamentable imaxe que ofrece actualmente a ponte da Regheira Ancha, se corrixa máis cedo que tarde e a ponte sexa reparada, repoñendo as táboas de madeira das que agora mesmo carece e retirando os valos metálicos, tanto o que está somerxido como os catro que están "custodiando" a pintoresca ponte que mesmo foi incluída no Calendario fotográfico Concello A Guarda, deste xubilar 2022, sen que na imaxe de Lecio Alonso Pacheco se aprecie deterioro algún, porque con certeza foi obtida antes de que se producisen os deterioros que actualmente amosa. 

 Ogallá que axiña deixe de ser "unha ponte esquecida".

Ningún comentario:

Publicar un comentario