A OMIX de Tomiño organiza un concurso para coñecer a opinión que ten da entidade a mocidade da vila
Os deseños ou frases poden enviarse ata o día 10 de xaneiro ao correo electrónico omix@tomino.gal
Infogauda / Tomiño
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Tomiño quere coñecer a opinión que a mocidade da vila ten da propia entidade.Para iso, organiza un concurso co obxectivo de "plasmar nunha frase ou nun deseño gráfico ou debuxo que é a OMIX de Tomiño".
A frase ou deseño gañador será serigrafiado en bolsas de tea, e dentro haberá información e sorpresas que serán repartidas entre todo o alumnado do Instituto Antón Alonso Ríos, de Tomiño.
As propostas pódense enviar ata o día 10 de xaneiro ao correo electrónico: omix@tomino.gal
A persoa gañadora poderá escoller entre tres agasallos diferentes: unha tablet Lenovo tab M10 HD con 2/32 e Android; uns airpods de Apple, ou un altavoz Muse M-1915 DJ Party box Troley.
Ningún comentario:
Publicar un comentario