27 de xul. de 2021

A GUARDA

O mes de xullo remata con programación para os mais pequenos 

· E o concerto do grupo de clarinetes Klason o sábado ás 21:00 horas, na praza do Reló

 

Compoñentes do grupo de clarinetes Klason


Infogauda / A Guarda

 Nesta semana na que remata o mes de xullo o Concello de A Guarda fai público que retomaranse as actividades infantís que deberon ser canceladas no inicio do mes por mor da choiva: o espectáculo de maxia “Titanic”de Cayetano Lledó, o venres día 30, ás 20:30h. no Auditorio de San Bieito.  Dende a maxia e o humor “Titanic” nos transporta aos preliminares da viaxe do trasatlántico do mesmo nome, contando o que a historia oficial non recolleu e é que o barco fixo escala en Galicia.

 



 O espectáculo pensado para entreter a toda a familia, precisa de inscrición previa a través do correo electrónico centrocultural@aguarda.es, para aqueles que non estaban anotados na súa data orixinal do 3 de xullo. 


“O séquito do Capitán Nemo”, espectáculo de animación na rúa


  Mentres o sábado día 31, ás 12:30h.  entre a praza de Avelino Vicente e o porto de A Guarda terá lugar o pasacalles “O séquito do Capitán Nemo”, que encherá as rúas da vila de fantasía ambientada no mundo mariño e submarino.

 



 Xa pensando no público adulto, o día 30 será o derradeiro “Venres de xullo baixo as estrelas” no Puntal, que tan bo éxito foi acadando durante todo o mes. Os interesados en asistir deberán reservar a súa praza en aguarda.oficina.turismo@gmail.com, xa que contan cun aforo moi limitado.  

 Tamén o sábado ás 21:00 horas, volverá a música á Praza do Reló da man do grupo de clarinetes Klason. 

 Klason é unha formación xurdida do seo da Agrupación Musical do Rosal para traballar a música de cámara, incorporando un variado repertorio que vai dende a música popular, a música de escena, o barroco, o clásico, romántico e contemporáneo. Ao igual que no resto de actividades para asistir é preciso a inscrición previa en centroultural@aguarda.es 




 Pola súa banda no Monte de Santa Trega continúan as visitas regulares aos diferentes lugares previstos na programación deste ano, dende o xoves ata o domingo, debendo reservar as prazas no correo electrónico masat@aguarda.es 

 Desde o Concello de A Guarda lembran que a sesión de Teatro no Trega “A viaxe de Exeria ao castro” desta semana está suspendida ata o vindeiro día 4 de agosto.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario