26 de mar. de 2021

A GUARDA

Talleres sobre Educación para a Saúde, TICs, Comunicación e Autoestima 

· No CPR San José Carmelitas 

  


Érguete Baixo Miño / A Guarda

 A Asociación Érguete Baixo Miño informa que durante o mes de marzo e abril está a impartir diversos talleres sobre a promoción da saúde e a prevención das condutas aditivas no alumnado do CPR San José - Carmelitas, de A Guarda (Pontevedra).   

 Trátase do programa denominado Educación para a Saúde na Escola e que está dirixido nesta ocasión ao alumnado de 1º da EPO e 1º da ESO. Estas actividades atópanse financiadas pola Consellería de Sanidade, Dirección Xeral de Saúde Pública, Servizo de Prevención de Condutas Aditivas e pola cota dos socios e socias da entidade.   

 Entre os obxectivos destas actuacións cabe mencionar: 

 -Educar para a saúde: hixiene e coidado corporal, alimentación e benestar emocional. 

 -Adquirir habilidades sociais de adestramento e afrontamento en situacións. -Incrementar o bo uso das novas tecnoloxías. 

 -Mellorar as habilidades sociais e de comunicación. 

-Incrementar a autoestima, o autocoñecemento e o sentido crítico e 

-Potenciar unha elección de valores, actitudes e comportamentos saudables.   

 Esta acción, impartida por unha Educadora Social con ampla experiencia nesta área, atópase dentro da carteira de servizos que a Asociación Érguete Baixo Miño ofrece de forma continua no ámbito escolar e que ano tras ano ten moi boa acollida tanto nos centros educativos da comarca como por parte do alumado ao que vai dirixido. 

 Para máis información, invitamos ás persoas interesadas a achegarse ás instalacións de Érguete (rúa Colón, 20 -Edificio O Pescador 1º piso) de A Guarda, visitar a páxina web www.erguete.org ou ben contactar nos teléfonos 986 614 417 / 640 086 376 ou no correo electrónico info@erguete.org.

Ningún comentario:

Publicar un comentario