A PLANTILLA DE IMERYS KILN FURNITURE ESPAÑA S.A., COMUNICA:
No día de hoxe o Comité de Empresa de IMERYS KILN FURNITURE ESPAÑA S.A., despois de varias xuntanzas e tensas reunións coa Dirección da Empresa sobre as peticións que lle facía o Comité de empresa, acordaron os seguintes [puntos]:
1.- Mantenemento da produción e da máquina de HPC na planta de A Guarda.
Non existe por parte da empresa intencións de mover a maquinaria así que a produción e o equipo vai permanecer na planta este ano como mínimo.
2.- Compromiso de non executar ningún despedimento coa decisión de reducir sustancialmente o prensado na planta ate final do 2021.
A empresa ten traballo garantido até finais de Maio e a empresa garantiza estender esa garantía até as vacacións de verán, así mesmo comprometese a manter tódolos postos de traballo indefinidos máis alá, se as condicións de mercado se manteñen nos niveis actuais. Así mesmo comprométese a que non haxa despedimentos e que sexa a Autoridade Laboral quen acredite se se da o caso.
3.- Para o envío de máis moldes de prensado para a planta de Hungría.
A Dirección da Empresa confirma que non se enviarán máis moldes para Hungría.
4.- Producir os moldes para a tecnoloxía HPC na planta de A Guarda para ter o proxecto dentro da planta.
Os moldes serán fabricados en parámetros de competividade, pero si pretende consolidar a fabricación do proxecto HPC como tecnoloxía de futuro que mellore a planta de A Guarda.
Debido a estes acordos a asemblea de traballadores acordou en votación maioritariamente suspender a xornada de paro que tiña que celebrarse mañá día 12.02.2021.
Esta suspensión queda condicionada a que todo transcorra aos acordos que se cumpran e se respecten tal e como foron acordados na Proposta entre Comité e Dirección de Empresa.
Así mesmo os compañeiros e compañeiras de IKF, agradecen o apoio das Corporacións da Guarda e do Rosal, polos apoios prestados polo conxunto de tódalas forzas políticas que representan a eses Concellos.
Atte: Serafin Fernández Portela
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario