11 de feb. de 2021

A GUARDA

O concello de A Guarda propón á rede Ágora o proxecto de humanización da Praza Nova 

Que posibilitará a urbanización en plataforma única, permitirá a renovación de todos os servizos e recuperará para a cidadanía todo o espazo da rúa, eliminando o estacionamento e permitindo o tráfico para residentes

 

                           Vista da rúa Joaquín Alonso (Praza Nova) - Foto: C.A.G.

 

Infogauda / A Guarda

 No día de hoxe, o Equipo de Goberno Municipal que preside o alcalde Antonio Lomba Baz vén de facer público que "o concello da Guarda forma parte da rede Ágora da Deputación de Pontevedra que ten como finalidade gañar espazos peonís, conseguindo converter estes espazos en focos de atracción das persoas e configurar vilas e cidades amables. 

 Ante o anuncio da liña de axudas da Deputación para recuperar espazo público para ás persoas naqueles concellos que forman parte da rede Ágora, o concello da Guarda acollerase ao primeiro eixo da subvención, destinado ao financiamento de proxectos, cunha participación da Deputación do 90%.

 Dentro la liña marcada polo PMUS (Plan de Mobilidade Urbana Sostible) que vén servindo de guía nas últimas actuacións de mellora da mobilidade urbana na Guarda, e tendo en conta tamén o plan de Accesibilidade do concello da Guarda, o alcalde, Antonio Lomba, solicitará a través da subvención mencionada financiamento para a redacción do proxecto de humanización da rúa Joaquín Alonso (Praza Nova). 

 Este proxecto posibilitará a urbanización da Praza Nova en plataforma única, permitirá a renovación de todos os servizos e recuperará para a cidadanía todo o espazo da rúa, eliminando o estacionamento e permitindo o tráfico para residentes, tal e como recomenda o PMUS. 

 Esta actuación ven a dar continuación a humanización do entorno da Igrexa parroquial que se executará en breve".

Ningún comentario:

Publicar un comentario