Cambio de horarios no Museo do Mar, no MASAT, na Biblioteca Municipal e na Oficina de Turismo de A Guarda
Infogauda / A Guarda
Coa chegada das vacacións de Nadal o Concello de A Guarda vén de informar do cambio de horarios dalgúns servizos municipais coma o Museo do Mar, o Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega ou a Biblioteca Pública Municipal.
Deste xeito dende o 24 de decembro e ata novo aviso o Museo do Mar estará pechado.
Dende o 24 de decembro e ata novo aviso, o Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega estará pechado.
A Biblioteca Pública Municipal de A Guarda estará pechada os días 24 e 31 de decembro, así coma os sábados 26 de decembro e 2 de xaneiro, e a semana do 4 ao 9 de xaneiro, abrindo novamente o día 11 de xaneiro no seu horario habitual.
En canto á Oficina Municipal de Turismo estará pechada do xoves 24 ao domingo 27 de decembro, e do 31 de decembro ao 17 de xaneiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario