20 de nov. de 2020

TOMIÑO

AS CONCELLEIRAS DO GRUPO MUNICIPAL DO PSdeG-PSOE DEFENDERON UNHA MOCIÓN PARA Á CREACIÓN DUN PUNTO LIMPO 

A proposta foi rexeitada polo Goberno nacionalista

 

De esq. á der.: Mirta Misa e Mª Violeta De Santiago, concelleiras do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Tomiño


Infogauda / Tomiño

 O xoves día 12 deste mes de novembro celebrouse no Concello de Tomiño o pleno ordinario correspondente ao mes de outubro, no que se aprobou por unanimidade a proposta de adicarlle ao escultor Xoán Piñeiro, unha rúa en Goián, parroquia onde residía e tiña seu estudo e obradoiro. 

 A instancias de UNICEF, que require a aprobación en sesión plenaria, tamén foi aprobado por unimidade, o Regulamento do Consello Municipal da Infancia e Adolescencia do Concello de Tomiño .  

 Asemade, foi aprobada por todos os grupos políticos unha declaración institucional polo 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.  

 O Grupo Municipal Socialista presentou ó pleno dúas mocións. Unha para a creación dun Punto Limpo no Concello de Tomiño, que foi rexeitada polo Goberno nacionalista, pese a recoñecer que é unha boa moción. A voceira socialista, Violeta de Santiago, defendeu "a necesidade da implantación dun Punto Limpo para evitar verquidos incontrolados ao longo e ancho do concello", e tamén lamentou que "ao non contar con este servizo, non poidamos acollernos ó proxecto STRAEE (Estratexia Sostible Transfronteiriza para a xestión dos resíduos de aparatos electricos e electrónicos), cofinanciado polo FEDER a través do programa POCTEP para Galicia e Norte de Portugal, liderado pola Deputación de Pontevedra". 

A PROPOSTA DAS CONCELLEIRAS DO PSdeG-PSOE, AS SESIÓNS SERÁN GRAVADAS

 Por outra banda, a concelleira Mirta Misa defendeu a moción para as gravacións das sesións plenarias que foi aprobada por unanimidade. Compre lembrar que as socialistas levan todo o mandato pasado así como o que vai deste, solicitando e reivindicando a gravación e difusión dos p!enos. "Nestes momentos de pandemia esiximos esta ferramenta para garantir a transparencia, a información e a participación veciñal. Así mesmo reclamamos a creación dunha hemeroteca na que queden arquivadas as gravacións íntegras así como as mocións presentadas, sexan aprobadas ou rexeitadas. Agardamos que en breve sexan emitidas as sesións para que as veciñas e veciños aseguren o seu dereito ás información", afirmou a concelleira do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE. 

 Noutro orde de cousas, as concelleiras socialistas voltaron preguntar polos verquidos no río Tollo, e pola  creación dunha Plataforma da Sanidade Pública (solicitada con anterioridade polo Grupo Municipal Socialista). Así mesmo solicitaron "información sobre a publicitada construcción da ponte peonil sobre o río Miño, e cal foi a inversión nese proxecto: "150.000€ de diñeiro público malgastados en fume!"

 Tamén pediron a mellora da marquesina na rotonda da farmacia que nos días de choiva e como si non houbera.

Ningún comentario:

Publicar un comentario