26 de nov. de 2020

A GUARDA

O grupo Helen & Shanna actuará na Praza do Reló o vindeiro 5 de decembro 

• Previamente ao concerto, ás 11:30h., no Salón de Plenos do Concello, Fernando Rego ofrecerá unha charla sobre: “Unha historia da música en Galicia. 1952 – 2018”  

 

                                                   Fernando Rego

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda, a través da Concellería de Cultura, retoma o proxecto “Música nos Xardíns”, paralizado no mes de agosto por mor da pandemia da Covid-19, para poñer en valor a escena musical e de festivais a nivel local, en consenso coas asociacións culturais da vila. 

 Debido a pandemia do COVID-19, tivéronse que suspender os grandes eventos musicais existentes na vila de A Guarda e que cada ano enchen de música diferentes espazos do noso municipio. é Por ese motivo, e ante as novas medidas de prevención e distanciamento social, que o Concello de A Guarda decidiu apostar por un proxecto no que se representasen aos colectivos que cada ano organizan festivais musicais, pero nun novo formato, “Música nos Xardíns”.

 Despois dun primeiro concerto que se celebrou o pasado 31 de xullo a cargo do grupo local Milhomes, e dun segundo concerto que se celebrou o venres 21 de agosto co grupo Ded Routines, agora é a quenda do grupo Helen & Shanna, que porá o peche a esta edición o sábado 5 de decembro a partires das 11:30h na Praza do Reló. 

 


 

 Cunha forte influencia folk, Helen & Shanna recolle influencias doutras culturas, con instrumentos tan variados coma o sitar, a trompeta, o violín ou o ukelele. 

 A actividade terá inicio ás 11:30h no Salón de Plenos do Concello cunha charla a cargo de Fernando Rego sobre: “Unha historia da música en Galicia. 1952 – 2018”. 

 Unha vez rematada a charla, Helen & Shanna fará a súa actuación en sesión vermú na Praza do Reló da Guarda. 

PROGRAMA 

Sábado 5 de decembro 

Ás 11:30 h., no Salón de Plenos, charla a cargo de Fernando Rego sobre o tema: “Unha historia da música en Galicia. 1952 – 2018”.

Cando remate a charla, Helen & Shanna fará a súa actuación en sesión vermú na Praza do Reló, nun concerto apadriñado polo Rock Guardés.

 Para asistir a este evento é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural de A Guarda no 986 611 850 (en horario de 10:00 a 13:00h e de 17:00 a 20:00h) ou no enderezo electrónico centrocultural@aguarda.es 

Ningún comentario:

Publicar un comentario