24 de set. de 2020

TOMIÑO

“ARELA” busca en Tomiño persoas e familias dispostas a convivir con adolescentes que teñan que cumprir unha medida de convivencia  

Unha técnica da asociación mantivo unha xuntanza coa concelleira de Benestar Social para a presentación do programa CONVIVE.COMigo

 

A técnica da Asociación Arela, Eva Piñeiro, mantivo en días pasados unha xuntanza de traballo coa concelleira de Benestar Social, Igualdade e Educación, Cristina Martínez Souto, e con persoal técnico,  para a presentación do programa
Foto: C.T.  
 

 Infogauda / Tomiño

 A Asociación Arela e a Xunta de Galicia levan a cabo o Programa CONVIVE.COMigo na provincia de Pontevedra. Trátase dun proceso de capacitación, valoración, formación e seguimento de persoas ou familias que desexen convivir con adolescentes que teñan que cumprir unha medida de convivencia por orde xudicial.   

 A técnica da Asociación Arela, Eva Piñeiro, mantivo en días pasados unha xuntanza de traballo coa concelleira de Benestar Social, Igualdade e Educación, Cristina Martínez Souto, e con persoal técnico,  para a presentación do programa.  

 A finalidade do mesmo é conseguir persoas ou familias que queiran convivir cun/cunha adolescente que teña a obriga de cumprir unha medida xudicial (convivencia con outra persoa, familia ou grupo educativo). Polo mesmo, as entidades están a solicitar o apoio dos diferentes concellos de cara a que poidan colaborar na difusión do mesmo e conseguir un banco de persoas ou familias na provincia.   

 A concelleira de Benestar Social e mesmo o Equipo de Servizos Sociais  e  a técnica da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), amosarongran sensibilidade con esta iniciativa e comprometéronse na difusión entre a veciñanza. Tan e así que e a día de hoxe xa hai algunhas familias interesadas en participar.  

 A través deste programa búscanse familias e persoas cunha alta sensibilidade e sentido do compromiso cara á adolescencia, que estean dispostasa facer unha aposta temporal por un moco ou mozacon dificultades. Un ambiente socializador e positivo permitiralles modificar as circunstancias que motivaron a medida xudicial e, polo tanto, que non reincidan nos mesmos feitos, comportamentos e actitudes unha vez regresen a vivir coa súa familia de orixe.   

 Os requisitos para formar parte deste programa son ser maior de idade, dispoñer dunha vivenda adecuada e de estabilidade emocional; comprometerse a traballar en equipo, garantir un alto grao de dispoñibilidade, e non buscar satisfacer un desexo de paternidade.  

 Valorarase positivamente a formación relacionada con ciencias sociais, a experiencia previa en programas de acollemento familiar, a predisposición a ser formado/a en diferentes temáticas como adolescencia e coñecementos de carácter xurídico .   

 ARELA ofrece unha formación grupal e individual, e asesoramento con acompañamento de profesionais, ademaisdun financiamento de 40€ diarios durante os meses que permaneza o/a adolescente coa familia ou persoa.  

 Dende a páxina web de ARELA (www.arela.org) pódese consultar máis información sobre este programa, así como chamando ao teléfono da súa sede central, 986 21 25 37, ou enviando un correo electrónico a convive@arela.org   

Asociación ARELA  

Persoa de contacto: Julio Barreiro González (Director de ARELA)

Teléfonos de contacto: 986 21 25 37 ou 639 86 29 44

Correo electrónico: arela@arela.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario