24 de set. de 2020

O BAIXO MIÑO

TRANS MIÑO-LGTBIQ+ E GAYLESPOL ORGANIZARON AS  I XORNADAS DE FORMACIÓN EN LGTBIFOBIA NOS CORPOS E FORZAS DE SEGURIDADE EN GALICIA  

Ditas xornadas de formación tiveron como escenario a Comarca do Baixo Miño

 

 
 
Asociación Trans Miño / O Baixo Miño

 Nos días 22, 23 e 24 de setembro, nos Concellos de Tomiño, O Rosal e A Guarda, tiveron lugar as I Xornadas de Formación en LGTBIfobia nos Corpos e Forzas de Seguridade, organizadas pola Asociación Trans Miño-LGTBIQ+, e conducidas por membros de Gaylespol, a asociación de Policías LGTBI+, contando coa colaboración da Unión Galega de Policías Locais e os mencionados concellos.  

 O obxectivo das xornadas, era a formar aos membros das forzas e corpos de seguridade, de como tramitar a documentación á hora de que se lle presente un caso de LGTBIfobia, e doutra banda, achegar a sensibilidade que os axentes das forzas e corpos de seguridade, deben de dar cando a vítima entra pola porta de comisaría, para proceder á posta da denuncia.  

 

 

 Ao finalizar as xornadas, fixéronse entrega dos certificados de aproveitamento, e a entrega de dúas placas conmemorativas cedidas polos Concello de Tomiño e do Rosal, ao Secretario da Asociación Gaylespol e a Unión Galega de Policías Locais. Unha delas foi entregada polo concelleiro de Seguridade do Concello de Tomiño, Ismael Torrón, non podendo entregar a placa ao presidente da Unión Galega de Policías Locais, José Manuel Branco Lema por non estar presente por motivos persoais, facéndolla chegar nos vindeiros días.  

 Por parte de Gaylespol foille entregada unha cunca conmemorativa ao presidente da Asociación Trans Miño-LGTBIQ+, Xermán Cordero Verde, en agradecemento pola organización das devanditas xornadas. 

 Nunhas breves verbas de agradecemento a Gaylespol, Unión Galega de Policías Locais, e os  Concellos de Tomiño, O Rosal e A Guarda, Xermán Cordero avanzou que “xa se están preparando as II Xornadas”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario