O Concello de Tomiño forma en igualdade de xénero ao persoal do servizo de Benestar Social
· O obxectivo é capacitar ás técnicas de acordo cos protocolos de actuación ante vítimas de violencia de xénero
· Esta actividade está financiada con cargo aos créditos recibidos do “Ministerio de Igualdad, Secretaría General de Igualdad y contra la Violencia de Género”
O obradoiro lévase a cabo a partir de onte
Foto: C.T.
Infogauda / Tomiño
O Concello de Tomiño, a través do Servizo de Igualdade, organiza un obradoiro específico sobre violencia de xénero para o persoal do Departamento de Benestar Social do Concello. Os obxectivos específicos da actividade son os de facilitar a adecuación das intervencións profesionais aos principios básicos de actuación, ante vítimas de violencia de xénero, dende unha metodoloxía teórico-práctica.
Para iso, proporcionarase ás participantes un marco teórico e normativo en relación á violencia de xénero, vencellando tamén as experiencias profesionais das participantes aos conceptos básicos sobre violencia de xénero.
O obradoiro lévase a cabo a partir de onte, en tres sesións consecutivas, que terán lugar os días 2, 3 e 9 de xullo, entre as 8:30 e as 11:00 horas.
Esta actividade está financiada con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdad, Secretaría General de Igualdad y contra la Violencia de Género.
Ningún comentario:
Publicar un comentario