18 de maio de 2020

PONTEVEDRA

ABANCA e a Deputación de Pontevedra lanzan o Plan Reactivación cunha nova liña de financiación para paliar a crise da COVID-19  

· A entidade financeira e o organismo provincial suscriben la mobilización de 50 millóns de euros en financiación en condicións preferentes     

· As finalidades do programa inclúen a obtención de liquidez, a realización de investimentos para crear ou impulsar negocios, o fomento da dixitalización e a eficiencia enerxética       

· A iniciativa da continuidade ao Plan Activamos, que desde a súa creación en 2014 inxectou máis de 272 millóns de euros na provincia para apoiar a familias, autónomos, empresas e corporacións locais




Infogauda / Pontevedra     

 ABANCA e a Deputación de Pontevedra subscribiron hoxe o lanzamento do Plan Reactivación, unha iniciativa que dá continuidade e un novo impulso ao Plan Activamos, aplicado nos últimos anos por ambas as dúas entidades para promover o desenvolvemento socioeconómico da provincia ao través da concesión de financiación en condiciones preferentes a diferentes colectivos.    

 No acto de firma telemática participaron o director de Negocio Institucional de ABANCA, Santiago Novoa, e a presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, Carmela Silva, e deuse a coñecer a principal novidade deste ano: a posta en marcha dun capítulo dedicado especificamente a paliar as consecuencias económicas da crise sanitaria xerada pola COVID-19 sobre as empresas e as persoas autónomas da provincia.    

 O director de Negocio Institucional de ABANCA, Santiago Novoa, explicou que “a renovación desta alianza estratéxica coa Deputación de Pontevedra permítenos apoiar ao tecido socioeconómico da provincia a través da aportación de crédito en condiciones vantaxosas. Neste momento de especial dificultade que están a vivir as pequenas e medianas empresas como consecuencia da Covid-19, esta oferta lles permitirá atender necesidades de financiación, competitividade ou dixitalización”.    

 Pola súa banda, a presidenta provincial subliñou a nova liña de financiación destinada a favorecer ao sector socioeconómico “que necesita tanta axuda nestes tempos nos que temos que adquirir compromisos, cada un nas súas competencias. Cando falamos de actividade económica estamos a falar de emprego, sinalou Carmela Silva, polo que calquera medida que favoreza a saída desta crise merece o noso apoio”.  

Condicións preferentes   

 A través do Plan Reactivación Pontevedra, ABANCA pon ao dispor dos seus beneficiarios diferentes produtos financeiros deseñados para dar resposta ás necesidades das familias, as pemes, as persoas autónomas, e as corporacións locais. A súa filosofía de máxima facilidade de acceso ao crédito tradúcese na ausencia de comisións por estudo, amortización ou cancelación anticipada, a existencia de amplos prazos de amortización e a posibilidade de acollerse a períodos de carencia en determinados casos.    

 No caso das pemes e autónomos o Plan presta especial atención ás súas necesidades de financiamento a curto prazo. O catálogo de produtos inclúe dúas pólizas de crédito, unha delas de carácter especial destinada á cobertura das necesidades de circulante derivadas da crise do COVID-19. Outras finalidades contempladas son a creación de novos negocios, a realización de novos investimentos, o fomento da eficiencia enerxética e a dixitalización.  
  
 Os produtos para familias están orientados á adopción de enerxías renovables, a mellora enerxética e de accesibilidade no fogar, a dotación tecnolóxica, e a mellora da habitabilidade no medio rural. As corporacións locais contan con financiamento para a realización de investimentos, circulante, avais e confirmando 

Máis de 270 millóns de euros   

 Desde a súa creación, baixo a denominación de Plan Activamos, a iniciativa inxectou máis de 272 millóns de euros na provincia de Pontevedra para apoiar a familias, autónomos, empresas e corporacións locais. En 2019 o tecido socioeconómico da provincia de Pontevedra recibiu financiamento por un importe de case 52 millóns de euros. En total realizáronse máis de 2.000 operacións de financiamento cun importe medio de 25.400 euros. Os principais destinatarios do financiamento concedido foron as pemes e persoas autónomas, que protagonizaron o 96% das operacións realizadas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario