5 de dec. de 2019

O ROSAL

ACONDICIONAMENTO DOS PARQUES INFANTÍS DO CALVARIO E PÍAS  


A alcaldesa Ánxela Fernández Callís e o concelleiro de obras Germán Fernández Callís supervisando os traballos de arranxo do parque infantil do Calvario
Foto: C.O.R.

 Infogauda / O Rosal

 Debido á situación de deterioro no que se atopaban algúns dos xogos infantís, o novo goberno municipal presidido pola alcaldesa Ánxela Fernandez Callís decidiu realizar melloras nos parques do Calvario e de Pías. 

 No Calvario realizáronse arranxos no caucho e substituíronse a totalidade dos xogos infantís. 

 No parque de Pías adquiriuse un novo xogo de torre con tobogán para substituir o anterior que non se atopaba en boas condicións para o seu uso. Ademais, adquiríronse tres muelles balancín para o mesmo recinto co obxectivo de ampliar o mobiliario infantil dos espazos públicos do noso Concello. 

 Todas estas melloras foron financiadas, por decisión do actual goberno do Concello rosaleiro, co reinvestimento de importes procedentes do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario