5 de dec. de 2019

MADRID

PREVISIÓN NA DELEGACIÓN DA XUNTA DE GALICIA EN MADRID/CASA DE GALICIA 

PARA O MARTES 10 DE DECEMBRO DE 2019


Martes, 10
19:30 horas 

 A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acollerá a inauguración da exposición conmemorativa da constitución do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento "SETENTA E CINCO ANOS AO SERVIZO DE GALICIA (1944-2019)", cun percorrido pola historia e significado da institución.
A mostra consta de paneis nos que se afonda tanto na traxectoria histórica do centro como na importancia da biblioteca e as coleccións que atesoura.

 Ofrece e dá a coñecer a contribución do instituto, centro mixto do CSIC e a Xunta de Galicia, no ámbito da humanística galega contemporánea, a traxectoria histórica, lembrando os antecedentes e primeiros pasos, así como aos protagonistas do seu posterior devir. Tamén a súa importante achega científica e cultural, especialmente polas súas múltiples publicacións. Na súa última parte, destácanse as diferentes coleccións histórico-artísticas e arqueolóxicas.

 Como peche, hai varios paneis que sinalan a importancia da biblioteca do Instituto, cuxo fondo supera hoxe os 50.000 volumes, ademais dalgunhas coleccións documentais de notable importancia para a historia e a cultura de Galicia. Sinalar a de debuxos arqueolóxicos do estudoso Xosé Antón G. González-Ledo, composta por máis dun milleiro de láminas,moitas delas adquiridas recentemente polo CSIC con cargo ao un por cento cultural.

 A mostra sobre o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento "SETENTA E CINCO ANOS AO SERVIZO DE GALICIA (1944-2019)", poderá visitarse nas Sala  L da Casa de Galicia  en Madrid ata o 30 de decembro; en horario, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Domingos e festivos: de 10 a 14 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario