PREVISIÓN NA DELEGACIÓN DA
XUNTA DE GALICIA EN MADRID/CASA DE GALICIA
PARA O MARTES 10 DE DECEMBRO DE 2019
Martes, 10
19:30 horas
A
Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acollerá a inauguración da
exposición conmemorativa da constitución do Instituto de Estudos Galegos
Padre Sarmiento "SETENTA E CINCO ANOS AO SERVIZO DE GALICIA
(1944-2019)", cun percorrido pola historia e significado da
institución.
A mostra consta de paneis nos
que se afonda tanto na traxectoria histórica do centro como na importancia da biblioteca
e as coleccións que atesoura.
Ofrece e dá a coñecer a
contribución do instituto, centro mixto do CSIC e a Xunta de Galicia, no ámbito
da humanística galega contemporánea, a traxectoria histórica, lembrando os
antecedentes e primeiros pasos, así como aos protagonistas do seu posterior
devir. Tamén a súa importante achega científica e cultural, especialmente polas
súas múltiples publicacións. Na súa última parte, destácanse as diferentes
coleccións histórico-artísticas e arqueolóxicas.
Como peche, hai varios paneis
que sinalan a importancia da biblioteca do Instituto, cuxo fondo supera hoxe os
50.000 volumes, ademais dalgunhas coleccións documentais de notable importancia
para a historia e a cultura de Galicia. Sinalar a de debuxos arqueolóxicos do estudoso
Xosé Antón G. González-Ledo, composta por máis dun milleiro de láminas,moitas
delas adquiridas recentemente polo CSIC con cargo ao un por cento cultural.
A mostra
sobre o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento "SETENTA E CINCO ANOS
AO SERVIZO DE GALICIA (1944-2019)", poderá visitarse nas Sala L da Casa de Galicia en Madrid ata o 30 de decembro; en horario,
de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Domingos e festivos: de 10 a 14 horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario