20 de set. de 2019

O BAIXO MIÑO

CURSO GRATUÍTO DE “ECONOMÍA FAMILIAR”

O inicio será este mes de setembro en horario de 09:00 a 14:00 h, unha mañá por semana en cada Concello, e impartirase nos Concellos de A Guarda e Tomiño 
  

Asociación Érguete Baixo Miño / A Guarda  

 Convocamos un Curso de Economía Familiar enmarcado dentro do Programa de Formación e Inserción Social e Laboral da Asociación Érguete Baixo Miño cunha duración de 80 horas (60 presenciais + asesoramento e titorías individualizadas). O inicio será este mes de setembro en horario de 09:00 a 14:00 h, unha mañá por semana en cada Concello, e impartirase nos Concellos de A Guarda e Tomiño.  

 As prazas son limitadas a 10 participantes e o curso é totalmente gratuíto.  

 Os obxectivos e contidos que desenvolveremos axudarán ao alumnado a: 

-Organizar as contas domésticas e distribuír mellor o seu presuposto 
-Acadar un mellor control de gastos/ eliminar gastos superfluos 
-Aprender como levar unha organización do fogar máis efectiva e saudable aforrando cartos  

 Esta actividade está subvencionada pola Consellería de Política Social, o Fondo Social Europeo 2014/2020 e polas cotas dos/as socios/as da Asociación.  

 Solicita máis información na Rúa Colón, 20 (Edificio O Pescador 1º andar) de A Guarda (Pontevedra), no teléfono 986 614 407- 640 086 376 ou no e-mail info@erguete.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario