A ASOCIACIÓN A JALLEIRA CONVIDA A PARTICIPAR NA LIMPEZA DO RÍO PEITAL, EN MOUGÁS (OIA)
A actividade de voluntariado terá lugar o domingo 29 de setembro, ás 10:00 h.
Informa: Asociación Forestal e de Educación Ambiental, A Jalleira
Desde a Asociación Forestal e de Educación Ambiental, A Jalleira informamos da actividade que desenvolveremos este domingo 29 de setembro, colaborando na XII Limpeza simultánea de ríos do Proxecto Ríos da Asociación Adega.
Este ano o voluntariado de limpeza o realizaremos no Río Peital (Mougás) Oia.
O punto de encontro será no Polideportivo de Mougás.
Comezaremos ás 10:00h e acabaremos sobre as 13:00-13:30h.
Prégase confirmación de asistencia.
Os voluntarios só teñen que traer ganas de pasalo o mellor posible e botarlle unha man ó medio ambiente.
Os voluntarios deberán traer calzado axeitado para a actividade (botas de goma, escarpíns, etc...).
O material que se precisa para a actividade o dispoñerá o Concello de Oia e A Jalleira.
Este é o noso 5º ano participando. Na primeira edición limpamos o tramo que temos apadriñado no río Tamuxe, e nas tres restantes edicións fomos limpando tramos do río Folón dende o comezo dos muíños ata a súa desembocadura no río Tamuxe.

Ningún comentario:
Publicar un comentario