25 de set. de 2019

LOUREZA (OIA)

Aberto o prazo de inscrición para un curso de risoterapia en Loureza 
    
 Infogauda / Loureza

 Oia acollerá un curso de risoterapia que se celebrará os luns pola tarde a partir do 7 de outubro na Abadía de Loureza. O prazo de inscrición xa está aberto e as prazas son limitadas.  

 A actividade desenvolverase os luns entre o 7 de outubro e o 30 de decembro, en horario de 17:00 a 19:30 horas. As persoas interesadas poderanse inscribir no Concello de Oia ata o próximo 30 de setembro (teléfono: 639 329 493). O curso terá un prezo de 6 euros por persoa.   

 A actividade de risoterapia está organizada pola Asociación de Mulleres Rurais do Baixo Miño e enmárcase dentro da iniciativa Conectadas da Deputación de Pontevedra. Colabora tamén o Concello de Oia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario