19 de set. de 2019

DEPORTES

HOCKEY LIÑA

Miguel Alonso Vicente preside á nova xunta directiva do Clube A Guarda Hockey Liña

Trala dimisión de José Miguel Fernández Lomba, quen durante 10 anos, dende a data da súa fundación ata a actualidade, ocupou ese cárrego


Xunto con Miguel Alonso - 2º pola dereita -, a xunta directiva do clube estará formada por Ana González - 1ª pola esquerda -, coma tesoreira, Carmen María Fernández, coma secretaria, e Miguel Baz, coma vogal

Infogauda / A Guarda

 Trala dimisión de José Miguel Fernández Lomba como presidente do Clube A Guarda Hockey Liña, quen durante 10 anos, dende a data da súa fundación ata a actualidade, ocupou ese cárrego; o clube guardés ven de escoller en Xunta Extraordinaria a Miguel Alonso Vicente, coma novo presidente da entidade.  

 Miguel Alonso é unha persoa moi dinámica e ligada o mundo asociativo da vila, participando activamente en múltiples proxectos e afronta o reto de impulsar un novo tempo para o clube guardés. "Desexo que este clube continúe sendo un referente da súa disciplina e que siga amosando os verdadeiros valores do deporte" afirmou Alonso.  

 Xunto con Miguel Alonso, a xunta directiva do clube estará formada por Ana González, coma tesoreira, Carmen María Fernández, coma secretaria e Miguel Baz, coma vogal.  

 O clube guardés afronta con moita ilusión o comezo desta nova tempada na que voltarán a competir na Liga Galega de Hockey Liña.

Ningún comentario:

Publicar un comentario