Comunicado da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da parroquia de Camposancos en relación a "Festa Castrexa"
José Fernando Martínez Martínez, presidente da xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da Parroquia de Camposancos
Foto: Infogauda
Diante da confusión que existe na veciñanza polo anuncio da IV Festa Castrexa para o día 1 de setembro:
A Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da Parroquia de Camposancos queremos deixar moi claro que:
A Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da Parroquia de Camposancos non participa nen por pasiva nen activamente, na organización desa festa.
Queremos aclarar que a Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da Parroquia de Camposancos non forma parte da comisión organizadora da Festa Castrexa dende o ano 2018, segundo ano da súa historia, e que renunciamos a seguir por non compartir o mesmo criterio nin a filosofía para a que foi creada e da que fomos os mentores.
A Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos quer que quede clarísimo: Como institución non participamos para nada nin en nada en esta ¿¿¿ ???.
Un saudo.
José Fernando Martínez Martínez
Presidente da C.MM.VV.M.C. de Camposancos

Ningún comentario:
Publicar un comentario