6 de ago. de 2019

A GUARDA

O Concello amplía a cantidade de cursos ofertados na Aula CeMIT  

A Aula CeMIT da Guarda, emprazada no primeiro andar do Centro Cultural da vila, ofrece ademais acceso libre a internet e multitude de cursos  
Foto: C.A.G. 

Infogauda / A Guarda

 O executivo municipal do Concello de A Guarda que preside o alcalde Antonio Lomba Baz ven de facer público que a Aula CeMIT ven de ampliar a cantidade dos cursos ofertados cunha programación continua de actividades ao longo do ano, tanto para perfís básicos coma avanzados e para todas as idades.  

 A Aula CeMIT da Guarda, emprazada no primeiro andar do Centro Cultural da vila, ofrece ademais acceso libre a internet e multitude de cursos entre os que destacan os de Informática básica para nenos e para adultos, mecanografía, procesador de textos, follas de cálculo, redes sociais, manexo de smartphones, entre outros.  

  Todos aqueles que desexen estar informados sobre a oferta e programación de actividades da Aula CeMIT da Guarda poden contactar a través do enderezo electrónico cemit.aguarda@xunta.gal ou chamando ao 986 611 850.  

Sobre a Rede CeMIT  

 A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia (Rede CeMIT) da Xunta de Galicia, configúrase como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as TIC e a Sociedade da Información na nosa comunidade e tamén das políticas de goberno en áreas como a empregabilidade, competitividade empresarial, e-inclusión, benestar e a e-Administración. 

 O concello da Guarda manten a Aula CeMIT en funcionamento gracias a un técnico contratado a través da liña 3 do plan concellos da Deputación de Pontevedra, de fomento de emprego. Aínda que a aula de informática está integrada na rede CeMIT, o concello non recibe ningunha subvención da Xunta de Galicia. 

 Conformada por unha serie de aulas públicas de acceso libre e de balde, dotadas de avanzado equipamento informático, audiovisual e multimedia, contan con acceso a Internet e abarcan a totalidade das comarcas de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario