24 de maio de 2019

OIA

O BNG de Oia rexeita o uso partidista que o PP fai do goberno municipal

  BNG / Oia

 A alcaldesa do PP, Cristina Correa, convocou un pleno para o día 24 de maio para aprobar a compra duns terreos que se habilitarán como espazo de lecer e deporte.  

 Consideramos que  esta convocatoria, que lle serve ao PP de peche da campaña electoral, ten unha  finalidade propagandística co obxecto de influír na opinión pública en favor do partido que goberna. Non se pode xustificar a urxencia desta reunión, que pola súa transcendencia debería producirse unha vez constituída a nova corporación municipal e fóra do proceso electoral en marcha. A política municipal debe rexerse pola reflexión e non pola precipitación.  

 Este tipo de manobras caciquís, lamentablemente tan propias do Partido Popular, son totalmente inadecuadas nunha democracia que se debe guiar pola ética política e afastarse da manipulación do electorado e do xogo sucio.  

 O pobo de Oia merece un goberno decente, que respecte as regras do xogo e que saiba pór o beneficio dos veciños e veciñas por encima dos seus intereses de partido.  

 Tanto medo ten de perder o PP que necesita xogar coas cartas marcadas?

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario