15 de maio de 2019

OIA

Os socialistas de Oia presentan a súa candidatura ás Eleccións Municipais

Este xoves ás 21:30h no Restaurante Lugar en Viladesuso (Oia)



Infogauda / Oia

 Os Socialistas de Oia presentan a súa candidatura ás Eleccións Municipais que terá lugar este xoves ás 21:30 horas, no Restaurante Lugar, en Viladesuso (Oia). 

 Neste evento intervirán Elena Álvarez, nº 2 da candidatura; Ángeles Marra, deputada electa por Pontevedra no Congreso; David Regades, secretario xeral en Pontevedra; e Gerardo Rodríguez, candidato á Alcaldía de Oia. 

 Igualmente terá lugar a presentación dos dous vídeos de campaña elaborados polos membros da candidatura. 

 Os Socialistas de Oia, lembran que "o 26 de maio vanse celebrar novas eleccións municipais ás que Gerardo Rodríguez se presenta como candidato para a Alcaldía de Oia polo PSdG-PSOE. 

 Estamos a piques de rematar unha lexislatura perdida, caracterizada por unha moción de censura que impediu levar adiante o cambio que o Concello demandaba e imposibilitou afrontar os graves problemas de Oia: saneamento, Talaso, Mosteiro,… 

 A candidatura que encabeza Gerardo Rodríguez combina experiencia e xuventude, ofrece enerxía, esperanza e ilusión para que, dunha vez por todas, o noso concello saía do estancamento e escurantismo no que nos mantiveron os sucesivos gobernos do PP. 

 Oia non pode permitirse perder outros 4 anos nos que a xuventude siga a emigrar pola falta de oportunidades e que continúe o despoboamento do Concello (3.227 en xaneiro do 2009; 3.014 en xaneiro do 2019)". 

 Ao remate do acto servirase un viño galego.

Ningún comentario:

Publicar un comentario