O CEIP A Sangriña xa conta cun composteiro individual
Unha mestra composteira informou aos escolares como é o proceso da compostaxe
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
Na mañá deste venres día 12 de abril de 2019 persoal da Deputación de Pontevedra desprazouse ata o CEIP A Sangriña para facer entrega dun composteiro individual, actividade enmarcada no Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra.
Alumnos e alumnas de 1º e 2º de primaria deste centro recibiron unha charla sobre o funcionamento deste composteiro, así coma as vantaxes da compostaxe, como aportar, funcións do estruturante, entre outras.
Ao remate da charla repartiuse entre o alumnado un sobre con compost.
O Concello de A Guarda está adherido ao Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, un plan que contempla axudas cara as entidades públicas para que comecen a xestionar os seus residuos orgánicos a través da compostaxe.
Dende a Deputación de Pontevedra proporciónanse diferentes ferramentas ás entidades locais; un mestre composteiro, que axude nos primeiros meses ás persoas que vaian aportar, resolvendo dúbidas e calquera incidencia que poida acontecer como, por exemplo, o aporte de materiais que non sexan compostables. No caso de A Guarda, un composteiro individual para xestionar os residuos do cole e, tamén asesoramento na posible futura instalación de centros de compostaxe ao arredor da Vila.
O concelleiro de Medio Ambiente do Concello de A Guarda, Paulino Rodríguez González estivo presente, xunto co director do centro, para supervisar a instalación deste composteiro individual, destacando que este é un dos primeiros composteiros que se instalarán na vila, enmarcado na estratexia de redución dos residuos orgánicos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario