12 de mar. de 2019

DEPORTES

Campionato de España de Atletismo Máster Pista Cuberta

O ATLETA JOSÉ CARLOS FERREIRA, DE A GUARDA, PARTICIPOU EN TRES DAS PROBAS (3.000, 800 e 1.500 M.)

José Carlos Ferreira González (Ferre), nunha das probas do Campionato de España de Atletismo Master en pista cuberta
@fotocarlosgrafias

Infogauda / Deportes

 José Carlos Ferreira González (Ferre), de A Guarda, volveu esta fin de semana ás pistas de Expourense para gozar do tartán e mostrar ao resto de España as forzas que dá “a negra” e os produtos da pastelería “El Trigal, segundo referiunos. Así que aí estivo, apuntado ás probas de 3000, 800 e 1500. Os que quixeron, puideron velo en directo a través do seu Facebook. E os que non puideron, polo menos tiveron información vía WhatsApp, xa que segundo afirmou a este xornal dixital no CARMA estamos a apuntarnos a isto das novas tecnoloxías (deica pouco, retransmisións en “streaming”). 

 As primeiras informacións foron sobre o 3000. “Mellor do esperado. O primeiro mil malas sensacións, pero logo fun a máis e cheguei cómodo, con moi boas sensacións. Mellor do esperado. Marca persoal en pista cuberta 9´ 23" e 7º de España na miña categoría. Parciais 3´10" / 3´07" / 3´04". 

  Nesa carreira (3.000 m. M45), o 1º posto foi para Oscar Fernández Santamaría, de Cantabria, con un tempo de 9:07.01; en 2ª posición, entrou Elías Salvador Domínguez Cabral, de Galicia, con un rexistro de 9:09.44; e o 3º posto, foi para Francisco Javier Hidalgo Alonso, de Madrid, con un tempo de 9:11.03.

 José Carlos Ferreira González, de A Guarda, entrou en 7ª posición, e fixo un tempo de 9:23.04.


 Agora a por o 800 á tarde”, díxonos. E así o fixo.  E tamén ao acabar fíxonos chegar as súas sensacións: “Correndo a 2ª serie do 800, un contratempo na saída, picada no aductor pero que non me impide acabar a carreira. Ao final 3º da miña serie cun tempo de 2´11" e 12º de España no 800. A última recta foi de vertixe.

 Se mañá non teño molestias no aductor correrei o 1500.” E correunos, aínda que esta vez non nos dixo nada. Con todo sabemos que con 4:29.32 quedou no posto 11º de España.

 En resumo, bravísima actuación de José Carlos Ferreira González, que logrou o 7º posto en 3.000 m., o 12º en 800 m. e o 11º en 1.500 m., no XXX Campionato de España Master de Atletismo en Pista Cuberta, cun nivel só apto para atletas dun perfil de elite.

Ningún comentario:

Publicar un comentario