O PARTIDO POPULAR AVANZA UN PLAN INTEGRAL DE RECUPERACIÓN E POSTA EN VALOR DAS ESCOLAS E CASAS DOS MESTRES DAS PARROQUIAS
· Santiago Rodríguez Davila, portavoz do PP: “Os populares estamos volcados en presentar proxectos necesarios para mellorar as necesidades de Salceda de Caselas”
O Partido Popular propón a recuperación da antiga escola da Vendanova (San Xurxo)
Infogauda / Salceda de Caselas
Santiago Rodríguez Davila, voceiro do Partido Popular de Salceda de Caselas, vai anticipando, desde o pasado mes de agosto, diferentes proxectos que - segundo afirmou a este xornal dixital - “irán plasmados no contrato popular cos salcedenses nas próximas eleccións municipais de maio de 2019”.
Rodríguez Davila dixo que “o Grupo Popular de Salceda, como xa se informou, leva semanas facendo reunións con diferentes grupos de traballo, sendo o momento de anunciar outra das apostas que se queren levar a cabo para poder mellorar Salceda”, por elo veñen de anunciar “o Plan Integral de Recuperación e Posta en Valor das Escolas e Casas dos mestres das parroquias (Picoña, Parderrubias, Soutelo e Budiño)”.
“As propostas sobre este Plan para as diferentes casas e escolas, iranse anunciando nas vindeiras semanas”, xa que, como sinalou Santiago Rodríguez Davila “o noso grupo presentará unha proposta para cada edificio, que non son pechadas, xa que é preciso coñecer as opinións e as diferentes ideas das asociacións, colectivos e veciños de cada unha desas parroquias para o edificio da súa parroquia”.
No día de hoxe, Davila deu a coñecer a primeira destas propostas, “a recuperación da antiga escola da Vendanova (San Xurxo)”. A idea dos populares “é convertir esa edificación nun centro de formación educativa persoal e multidisciplinar, con Aula municipal de empoderamento persoal (AMEP), aula de aprendizaxe persoal en linguas extranxeiras (inglés, francés, chino…), Aula de finalización de estudos básicos, accesos e coñecementos cívicos (ESO, acceso a universidade para maiores de 25 anos, seguridade viaria...) e un Aula de formación social (dependencia, violencia de xénero...)”. Davila sinalou que “o obxectivo deste proxecto é convertir a escola nun centro educativo e de formación persoal, en eidos que precisamos para desenvolvernos a diario, tanto profesionalmente como persoalmente”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario