13 de out. de 2018

MADRID

PREVISIÓN PARA O MARTES 16 DE OUTUBRO DE 2018 NA DELEGACIÓN DA XUNTA EN MADRID/CASA DE GALICIA.


Martes, 16
19:30 horas 

 A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acollerá a presentación do libro “Cocina artesana cantábrica”, terceiro número da serie Especial de cociña e poesía "Miolos e Tripas", (poemas sacados das tripas, receitas feitas con miolo), publicado por edicións  Venguerén.  O libro inclúe 35 receitas tradicionais de peixe de restaurantes artesanais da zona e 36 poemas de autores cantábricos, con ilustracións de Patricia Villamarín.


 No acto intervirán os poetas,  Xavier Frías-Conde; Berta  Piñán; David González; José Juan Martínez Ferreiro; e máis o poeta e editor, Mariano  Gamo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario