14 de out. de 2018

A GUARDA

O BNG insta ao alcalde á incorporar a Guarda ao Plan Revitaliza de Compostaxe  

Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda: “O BNG, un ano máis, insta ao grupo de goberno á incorporacióna este plan da Deputación que aposta pola compostaxe e que significaría un aforro da factura de SOGAMA”  

Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda


Infogauda / A Guarda

 O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO insta, por medio dun escrito, ao alcalde da Guarda e ao grupo de goberno do PSOE á incorporar á Guarda ao Plan Revitaliza que está a desenvolver a Deputación de Pontevedra, con grande éxito internacional, en diferentes concellos da provincia.  Dese xeito ven de pronunciarse Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda.

 Para o BNG é incomprensíbel - engade Ángel Luis Baz - que, votando favorabelmente a tenente-alcaldesa Montse Magallanes na Deputación, sega a negarlle a oportunidade aos guardeses e guardesas de formar parte do Plan Revitaliza que significa un cambio no modelo de xestión do lixo tendo como base a compostaxe

 “Como grupo municipal, o BNG, non entendemos a teima e a miopía política no PSOE non adheríndose ao Plan Revitaliza. Este plan pretende ser unha ferramenta que axude a aforrar na custosísima factura que temos que pagar cada ano a SOGAMA, e que, como se viu nos últimos orzamentos, non diminúe. Nós estamos por outro modelo de xestión lo lixo”, afirmou Ángel Luis  Baz.

 O portavoz municipal do BNG afirma que o Plan Revitaliza nas diferentes liñas de apoio, sufragaría as asistencias técnicas para a redacción dun Plan municipal de recollida e tratamento dos residuos domiciliarios, a adquisición de vehículos, minitrituradoras, ...  

 O BNG pula por un modelo de xestión do lixo diferente ao que se está a desenvolver na Guarda, cunha decidida aposta pola compostaxe, por un tratamento máis respectuoso do medio ambiente, lembrando que ademais do aforro da factura que temos que pagar a SOGAMA, significaría a creación de postos de traballo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario