23 de maio de 2018

DEPORTES

HOCKEY LIÑA


DÚAS GUARDESAS CAMPIOAS

Ana González e Claudia Rial

Informa (fotografía e redacción): Miguel Fernández Lomba / A Guarda

 As xogadoras Ana González e Claudia Rial xogadoras do equipo CHL Meigas de Lugo proclamáronse Campioas da Liga Galega de Hockey Liña na categoría feminina, logo de vencer na final ó Lóstregos Feminino.  

 Ámbalas dúas guardesas formadas no clube local, A Guarda Hockey Liña, foron fichadas polo Clube lucense para á presente campaña xa que o seu clube non competiu na categoría feminina.  

 Ó longo da tempada competiron na Liga Ouro Nacional, Liga Galega e Copa Princesa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario