8 de mar. de 2018

DEPORTES

O CLUB DEPORTIVO SAN XEROME ARRANCA NA LIGA DE BALONCESTO FGDA CON MOSTRAS DE ESFORZO E SUPERACIÓN 

O mércores día 7 de marzo disputouse a primeira xornada correspondente a Liga FGDA de baloncesto

Neste primeiro encontro o equipo feminino tivo unha moi boa xornada

C. D. San Xerome / A Guarda

 A liga FGDA desenrolase en tres xornadas anuais, normalmente disputas das no Pavillón Municipal de Porriño. Este campeonato é unha oportunidade para que as nosas e nosos deportistas poidan disfrutar do deporte de competición, motivarse e esforzarse para chegar a un obxectivo concreto. 

 O obxectivo da competición é participar e crear ambiente favorecedor  e motivador de cara ao bo xogo, así como favorecer o benestar xeral dos usuarios. Isto fai que se esforcen por acadar a victoria supoñendo un éxito en sí para o grupo e para cada unha das rapazas e rapaces a nivel individual. 

 Neste primeiro encontro o equipo feminino tivo unha moi boa xornada. No primeiro partido impuxéronse as nosas compañeiras das Esclavas a pesar de que rozaron a victoria durante boa parte do partido, onde destacou a competencia e o nivel cada vez máis igualado entre ambos clubes. Foi no segundo partido onde o Club feminino San Xerome coronouse como vencedor frente As Esclavas de Mos. 

Equipo masculino

 Por outra banda, o equipo masculino a pesar de xogar realmente ben, non tiveron opción saíndo derrotados tanto contra o equipo de San Rafael como con Asdan, a quenes felicitamos polo seu xogo e espírito de compañeirismo. Así, podemos decir que a pesar dos resultados o nivel segue a ser realmente bo, onde  se demostra a loita, o esforzo e a mellora do comportamento xeral do equipo, sendo este o principal obxectivo nestes eventos. 

 O próximo mes de maio, xogarase  a seguinte competición, daquela saberemos se os equipos tanto feminino como masculino, seguen co bo momento de xogo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario