8 de mar. de 2018

A GUARDA

A ANDAINA POLA RUTA MÁXICA DE OIA ORGANIZADA POLO CONCELLO DA GUARDA APRÁZASE PARA O SÁBADO 17 DE MARZO  

Visitantes no Castro de Cabeciña
Fotos: C. A. G.

Infogauda / A Guarda

 A Oficina de Turismo do concello guardés ven de facer público que debido as malas previsións meteorolóxicas o Concello da Guarda e o Municipio de Caminha acordaron aprazar a andaina organizada para este sábado para o sábado 17 de marzo.  

 Esta ruta estará guiada pola Asociación Costa de Castros. A Ruta Máxica de Oia percorre uns 18 km da Serra da Groba pasando polas parroquias costeiras deste concello.  

Petróglifo da Pedreira, e vista panorámica de Oia co mosteiro cisterciense a beira do mar

 A ruta sinalizada comezará no miradoiro da Pedreira onde se atopan petróglifos e continuará coñecendo outros gravados rupestres ata chegar ao río Broi e ao espazo natural das Sobreiras do Faro, o bosque mediterráneo máis occidental. Despois ascenderase ata o Castro do Cano do Mouros e as Pozas de Mougás onde se realizará o xantar. Nesta última parte do percorrido descenderase ata o Castro de Cabeciña. A ruta rematará na estrada PO-552 onde se atopa o Camping O Muíño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario