10 de feb. de 2018

OIA

ARGUMENTARIO NA DEFENSA DO MOSTEIRO DE OIA

Vista parcial do Mosteiro de Santa María de Oia
Foto: Infogauda

Movemento Oia 

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS 

 O concello de Oia ven de pasar por varias investiduras nesta ultima candidatura, primeiro foi a investidura como alcaldesa Rosa Otero, concelleira do PSOE para gobernar en minoría apoiada polo Grupo Mixto Municipal e Converxencia Galega; partido que centrou a súa candidatura en derrotar ao PP pero sen chegar a un acordo de pacto co PSOE. 

 Foi naquel momento cando o concelleiro independente do Grupo Mixto argumentou nos medidos de comunicación que ese Goberno en minoría do PSOE, non duraría mais de cinco meses. 

 Así foi que despois de cinco meses do PSOE ao fronte do Concello de Oia sufría unha moción de censura a través dun pacto de goberno entre Converxencia Galega e o PP, dando paso a asumir a alcaldía a Popular Cristina Correa, aínda que despois de dous anos os pactos entre Converxencia Galega e o Partido Popular chegarían ao seu fin, xusto despois de que certas adxudicacións económicas tamén chegaran ao seu fin, pero fundamentando a ruptura do bipartito por falta de consenso no goberno do mesmo. 

 Sempre foi o Goberno de Cristina Correa, nunca se escoitou falar de Bipartito en Oia, difícil delegar nos concelleiros de Converxencia Galega despois dun pacto destas características. 

 Durante os meses do Goberno do PSOE as carpetas cos expedientes do proxecto de rehabilitación do mosteiro voltaron a abrirse pero o Partido Popular na oposición fechouse para defender o proxecto coa corporación municipal. xa por aquel entón varias faltas de respecto utilizando insultos dende o goberno en minoría do PSOE a membros de Converxencia Galega nun dos plenos, axudaron a estreitar os lazos entre o PP e Converxencia para a que seria a moción de censura que desbancaría ao PSOE no seu pequeno mandato xa anunciado. 

 Pouca man esquerda, falta de profesionalidade, arrogancia, soberbia, falta de ética e responsabilidade de cara ós veciños, axudaran a que novamente o PP voltara ao Goberno e tentara gobernar novamente e malamente en Oia coa chave de Converxencia Galega. 

 Pero como xa observamos, sempre foi o Goberno de Cristina Correa, xa que non conseguiu facer equipo de goberno nin delegar nos concelleiros de Converxencia Galega que dentro das súas función pactadas apenas fixeran moita labor nos cargos asumidos dentro das concellerías ficticias que foron repartidas. 

 Reiteramos que hai que facerse valer e tamén ter ganas de traballar polo pobo non polos intereses persoais de cada un. 

 A finais do ano 2017 a plataforma veciñal S.O.S. Mosteiro en defensa do mosteiro avanza solicitando a expropiación do mesmo debido ao seu deterioro extremo, abandono e desidia por parte das administracións e do concello, dando pasos sociais de cara os veciños, mediáticos de cara os medios de comunicación e burocráticos de cara as administracións, presentando varios escritos, firmas e mocións respadadas por toda a corporación municipal no pleno. 

 Un goberno que argumentou nos medios de comunicación o seu descoñecemento do estado do Mosteiro de Oia, mentres a administración non contempla que nin o Concello nin o propietario do mosteiro descoidaran a súas responsabilidades co mosteiro en base a Lei de Patrimonio; ...algúns por descoñecemento da mesma e outros por falta de presión por parte da administración. 

 Xa en Xaneiro de 2018 romperonse os acordos do Bipartito e Converxencia Galega, decidiu voltar á oposición, onde din encontrarse mais cómodos e creen que poden facer un mellor traballo. 

 Dende a oposición veñen de presentar unha moción solicitando as copias dos informes dos que dispoña Patrimonio ou dos que teña coñecemento, do estado do Mosteiro, a través desta alcaldía para que así o pleno poda valorar. 

 Dende o Grupo Municipal Mixto somos conscientes que calquera acción en defensa dos intereses do pobo de Oia sempre e mais viable levala a cabo dende o goberno que dende a oposición, con mais motivo se a maioría dun bipartito pertence a o mesmo partido que goberna na Xunta de Galicia. 

 Dende o Grupo Municipal Mixto estamos na obriga de apoiar calquera plataforma veciñal e así o vemos facendo, en calquera cuestión relacionada cos intereses de Oia, sempre dende o ben social e nunca dende os intereses persoais dos nosos concelleiros. 

 Levamos toda a candidatura dende 2015 relembrando o estado do mosteiro en case todos os plenos e así o seguiremos facendo, mantendo só un concelleiro na oposición dentro do Grupo Mixto. 

 En todo momento ofrecémonos para poder presentar propostas veciñais viábeis a través do noso traballo sen pretensións de sacar rédito político e conscientes da inmobilidade en moitos casos das outras partes da oposición durante esta candidatura incluso cando algunha gobernaba en bipartito. 

 En Oia, a 07 de Febreiro do 2018. 

 Grupo Mixto Municipal

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario