5 de feb. de 2018

GONDOMAR

Alberte Blanco Casal e Alfredo Suárez Canal no faladoiro e presentación do libro "O monte galego"  

Venres 9 de febreiro ás 20:30h, na Aula de Cultura Ponte de Rosas



IEM / Gondomar

 O Instituto de Estudos Miñoráns convídaos a asistir este venres 9 de febreiro ás 20:30h, ao segundo faladoiro de anticipación do ciclo "Galicia 2017-2020: presente e futuros", no que intervirán Alberte Blanco Casal e Alfredo Suárez Canal na presentación do libro:  

 O MONTE GALEGO. CAOS OU APROVEITAMENTO MULTIFUNCIONAL? 

 O acto será presentado por Camiño Noia Campos, catedrática de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Vigo.  

 A xornada desenvolverase na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira nº 10 baixo (Gondomar).

Alberte Blanco Casal

 Profesor de Tecnoloxía de Ensinanza Secundaria no instituto de Verín. Foi Director Xeral de Montes da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia (2005-2009). Foi fundador da Asociación Cultural Monterrei, da súa revista A Tempo e do colectivo de animación cultural Foro Monterrei. É colaborador dos diarios dixitais Sermos Galiza, Praza Pública e Terra e Tempo, e da revista do Fórum Galaico Transmontano editada en Chaves.

Alfredo Suárez Canal

 Foi concelleiro en Allariz e deputado provincial de Ourense. Deputado no Parlamento de Galicia (1993-2005) Logo dunha longa carreira política, foi nomeado conselleiro de Medio Rural da Xunta de Galicia, entre 2005 e o 2009.

Ningún comentario:

Publicar un comentario