6 de feb. de 2018

A GUARDA

O sábado comezará a servirse o «Menú de Entroido»  

Nos sete restaurantes participantes
    


Infogauda / A Guarda

 Dende o sábado 10 e ata o vindeiro martes 13 de febreiro, ofertarase o popular «Menú de Entroido» en sete restaurantes da Guarda. A iniciativa gastronómica, impulsada polo departamento de Turismo, contará cunha completa oferta de alimentos típicos dos que se poderá gozar por un prezo único de 18 euros.  

 O menú por persoa constará dun primeiro prato a elixir entre caldo ou empanada, e un segundo composto por lacón con grelos, patacas e chourizo, amais dunha sobremesa típica destas datas: filloas ou orellas de Entroido. O prezo inclúe o viño e o café.  

 Os restaurantes adheridos á inicitiva son Arruaz (986 614 571 ), La Pizzicata (986 611 534), Camping Santa Tecla (986 685 461), Novo Funil (986 098 480), O Cangrexal (986 611 107), Xantar (986 611 184) e Xeito (986 610 474). 

 Recoméndase reservar mesa previamente no restaurante a fin de asegurar a dispoñibilidade do menú, do que poderán gozar todas aquelas persoas que gusten dos pratos típicos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario